A Concellería de Deportes patrocina un novo torneo de formación do Flic Flac este domingo nas Travesas

Imprimir

20150408 flicflacO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo onte no seu despacho unha reunión de traballo co presidente e técnico do club de ximnasia Flic Flac, Jorge Méndez.

O edil asinou un convenio de colaboración co premiado club local (a entidade viguesa é referencia nacional en ximnasia acrobática desde 2010 polos seus méritos deportivos) para que poidan celebrar un torneo este sábado nas Travesas con custo cero no uso das instalacións municipais. Así, o concelleiro socialista asinou o acordo polo que se inclúe este evento no programa "Gañamos todos" do Instituto Municipal de Deportes, unha acción que permite dinamizar este tipo de eventos de formación sen custo para os clubs.

Fernández, tamén presidente do IMD, animou ao Flic Flac, con base no pavillón da ETEA, a que siga a traballar a este nivel, cunha canteira que cada tempada vai en aumento.