clausura flic flacEste sábado, a partir das 18.30 e ata as 20.30 h, na pista central do pavillón de Travesas, o Club Flic Flac celebrará a súa tradicional gala de fin de curso. O evento, pertencente ao proxecto municipal das escolas deportivas, albergará máis de cento vinte nenos e nenas dende os 3 aos 18 anos de idade que, sen lugar a dúbidas, darán boa mostra do traballo realizado toda a tempada.

Haberá moitas sorpresas e convidados provenientes dos colexios: Fleming, Canicouva, Javier Sensat, Josefa Alonso, Igrexa de Chapela e Humberto Juanes de Nigrán. Por suposto e como cada ano, tamén estarán os incombustibles acrominis, os ximnastas dos grupos de formación, tecnificación e rendemento. Moitos deles recentes medallistas no campionato de España.

Serán dúas horas cheas de acrobacias e, sobre todo, de moita diversión. A entrada é gratuíta.