flic flacO próximo sábado 19, a partir das 17 h, celebrarase na pista central do pavillón de Travesas, o décimo festival de Nadal que organiza o Club Flic Flac de ximnasia acrobática. O evento, incluído dentro do programa municipal da concellaría de deportes: "Gañamos tod@s". 

Contará coa participación de máis de trescentos ximnastas de idades comprendidas entre os tres e os vinte anos; ademais dos grupos propios das escolas deportivas municipais, participarán ximnastas dos colexios CEIP Canicouva, CEIP Humberto Juanes, CEIP Javier Sensat, IES Auga da Laxe (Gondomar), CEIP Carballal, IES Álvaro Cunqueiro (Chapela) e CEIP Fleming, acrominis, formación, tecnificación e rendemento, que exhibirán de xeito coreografiada todas as habilidades técnicas adquiridas ata a data.

Neste evento para o que espera un cheo ata a bandeira, entre acrobacias e pirámides imposibles, contarase coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de deportes, Manel Fernández.