flic flac A pasada fin de semana celebrouse en Xirivella, Valencia, o décimo terceiro Campionato de España de ximnasia acrobática. O Flic Flac desprazou a corenta e oito ximnastas e cinco adestradores. Tras tres maratonianas xornadas competitivas e tendo en conta as doce horas previstas de autobús, os ximnastas do club vigués obtiveron a friolera de quince medallas, once individuais e catro por clubs (sumando as tres mellores notas de cada categoría).

O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitou ao club vigués polo brillante resultado.

Medallas en categoría clubs:

Alevín: Bronce
Infantís: Bronce
Cadetes: Ouro
Senior: Bronce

Medallas por parellas/tríos:

Categoría alevín:
Sergio Gude - Pablo Martínez: Prata
Ian Álvarez - Patricia Liñayo: Bronce
Lucía González - Alba Pérez - Abril Quintela: Prata categoría Infantil:
Miguel Romero - Mara Alonso: Ouro
Gloria Saavedra - Sofía Santomé- Nerea Senra: Bronce categoría Cadete:
Javier Novo - Raquel Fouce: Prata.
Blanca Alonso - Candea Monterde - Emma Saavedra: Prata.
Iria Paz - Celia Saavedra: Ouro
Categoría xuvenil:
Alexandre Sierra - Uxía Verísimo: Ouro
Categoría junior 1:
Belén Gómez - Alexandra González - Sandra Pintor: Ouro
Categoría senior:
Luiz Amaral - Andrea Verísimo: Prata

Na categoría de afección, en caso de haber competición e, sen lugar a dúbidas, medalla de ouro. Un grande número de familiares desprazáronse a Valencia e, soportando altas temperaturas na bancada, animaron ao equipo demostrando, unha vez máis, a grande afección que ten o club vigués.

Seguinte cita próximo sábado de 17 a 19 h, no pavillón de As Travesas: Festival de fin de curso das escolas deportivas.