Colaboradores
- Detalles
O Academia Octavio queda a catro puntos da salvación tras caer en Travesas contra Meridiano Antequera (23-26). Os académicos comezaron fortes, chegaron a rexistrar no marcador 13-8. Tras uns brillantes primeiros 29 minutos, caeron empicado desperdiciando o bo traballo realizado. Os visitantes apenas tardaron en igualar a contenda e os vigueses non puideron reaccionar.
- Detalles
Táboas para os equipos Siareiros elite esta fin de semana. Halcones, Bembrive e Olivo, gañan, as olívicas certifican o seu título de campioas a falta de tres xornadas. Por a contra, Cinco Jotas, Magope e Celta Zorka, perden, as celestes fixérono no seu último encontro ligueiro. E o Academia Octavio empata e suma un importantísimo punto na súa loita pola permanencia.
- Detalles
Importante vitoria das Cinco Jotas UB Lavadores ante o E.D. Poio Artai, o pasado sábado en casa (30-23). A falta de catro xornadas para rematar a competición ligueira, os vigueses conseguiron a permanencia matemática. Cun balance de seis partidos gañados, tres empatados e dezasete derrotas, suma quince puntos, once máis que o BM. Artabro Novo Mesoiro, penúltimo da clasificación. Os vigueses xogarán esta fin de semana na cancha do Acanor At. Novas, coa tranquilidade dos deberes feitos.
- Detalles
O Amfiv pechou a tempada 15/16 cun novo triunfo ante o Joventut (77-33) para despedirse con bo sabor de boca da súa afección e poñer o punto e final a unha campaña na que o estraño sistema de competición condenou aos vigueses a disputar a Fase pola Permanencia, a pesar de contar con bastantes máis vitorias que outros conxuntos que están a pelexar polo título.
- Detalles
O Academia Octavio logrou o sábado unha importante vitoria que lle permite seguir soñando coa salvación. Venceu ao Handbol Bordils (27-25) en Travesas e continúa último empatados a puntos co Cisne pero só a dous puntos do Amenabar e a tres do Nava, xa en zona de permanencia. Agora tócalles descansar ata o 16 de abril que viaxarán a terras vascas para enfrontarse ao Bidasoa Irún, segundo na clasificación.