Cabecera Vide

O Bembrive FS gaña tres puntos de oro

O Mosteiro Bembrive de fútbol sala venceu por 2-3 ao Pizarras Los Tres Cuñados, no Barco de Valdeorras, en partido adiantado ao venres. No primeiro tempo foi control total por parte dos vigueses onde se puideron adiantar o marcador en varias ocasións pero as grandes paradas de Ismael e os paus o impediron.

A segunda parte estivo mais igulada, o Bembrive puxo o 0-1 no minuto 25 tras unha grande xogada entre Mario e Jacobo que remataría en gol. Os locais sacou coraxe e tras unha xogada persoal de Bruno puxo o empate no minuto 28. No minuto 30 o Pizarras deulle a volta ao marcador tras unha xogada de Bruno debido a un erro defensivo por parte do Bembrive 2-1. No minuto 35 chegaría o empate por mediación de Pablo e un minuto Nene faría o 2-3 definitivo.

O próximo venres 6 de decembro, o Bembrive recibirá ao Naron FS ás 18.30 no pavillón de Bembrive, se espera un partido emocionante xa que o equipo visitante ocupa actualmente o primeiro posto da clasificación, cousa que os rapaces de Pitu con vitoria se achegarían a tres puntos deles.