O Bembrive cae ante o líder

Imprimir

O Mosteiro Bembrive caeu o venres ante o Cidade de Narón, líder do Grupo 1 da segunda división B de fútbol sala, por 3-5. Derrota previsible ante o imparable Narón que tomou a iniciativa dende os primeiros minutos do partido. O club vigués aproveitó o encontro para presentar aos equipos das categorías inferiores no seu pavillón, ante unha boa entrada.

A próxima xornada, os vigueses enfrontaranse ante o F.S. Zamora, o venres 13 de decembro, ás 21 h. no pavillón municipal Angel Nieto.