O Mosteiro prepárase para afrontar a súa "semana grande"

Imprimir

Sen tempo para saborear a vitoria da pasada fin de semana ante o Gardo, o Mosteiro Bembrive xa se prepara física e mentalmente para a súa "semana grande", na que xogará tres partidos moi importantes para as súas aspiracións. Os seus do ante o Ventorrillo e o Universidade de Valladolid en Liga e ante o Burela en Copa Xunta marcarán en boa medida o seu futuro nesta tempada.

La Copa Xunta regresa o próximo martes 17, ás 21.00 h, ao pavillón de Bembrive. O Mosteiro recibe ao Burela FS nos cuartos de final, que se desenvolverán a partido único. Vigo volverá acoller un partido de fútbol sala de elite ante un equipo de Primeira División. Os lucenses contan cunha dos mellores equipos do panorama nacional e varios dos seus xogadores son fixos na Selección. A pesar diso, o Mosteiro demostrou que non se amedrenta ante ninguén. Non hai que botar demasiado a vista atrás para recordar que os vigueses eliminaron ao Burela nos dieciseisavos da Copa do Rei, fazaña que lles permitiu enfrontarse nuns históricos oitavos ao FC Barcelona.

As entradas para este encontro poderanse adquirir nas taquilla do pavillón de Bembrive dende unha hora antes do inicio do partido. O prezo é de 5 € para o público en xeral e de 3 € para os socios do club.

Pero antes do do copero o Mosteiro viaxará a A Coruña para medirse ao Ventorrillo en Liga. O clásico derbi galego chega este sábado cos herculinos como últimos de la competición. Os de Pitu só pensan en gañar e quedar ben posicionados para conquistar o liderado a seguinte xornada. E é que o próximo sábado 21 o Mosteiro volverá xogar como visitante pero esta vez ante o primeiro clasificado, o Universidade de Valladolid, do que actualmente o separan soamente 2 puntos. Non é de atrevidos vaticinar que o espectáculo sobre a pista está asegurado.