Cabecera Vide

O Mosteiro golea no seu test previo ao partido de Copa ante o Burela

O Mosteiro Bembrive volveu dar mostras do seu bo estado de forma e o seu olfacto goleador derrotando ao Ventorrillo cun abraiante 1-10, o que lle inxecta un plus de motivación de cara ao importantísimo encontro de Copa Xunta que disputará ante o Burela Pescados Rubén hoxe martes, ás 21.00 h, no pavillón de Bembrive.

Vigo volverá acoller un do de fútbol sala ao máis alto nivel. Os cuartos de final da competición copera brindan a oportunidade de ver cara cara ao equipo máis importante da cidade olívica e ao Burela de Primeira División. Un encontro a partido único que promete intensidade e emoción dende o primeiro ao último minuto.

O Burela chega a esta cita coa vantaxe que lle dá posuír unha dos mellores equipos do panorama nacional, aspecto que non parece amilanar ao Mosteiro. Os de Pitu xa saben o que é eliminar aos lucenses, como ben demostraron nos dieciseisavos da Copa do Rei.

Parece que Pitu poderá contar coa maioría dos seus pupilos, salvo con Jacobo e Ges, que volven caer da lista de convocados a causa das lesións que os teñen apartados das pistas de xogo dende hai semanas.

As entradas para este encontro poderanse adquirir nas taquilla do pavillón de Bembrive dende unha hora antes do inicio do partido. O prezo é de 5 € para o público en xeral e de 3 € para os socios do club.

O Mosteiro afronta esta cita clave tras disputar o pasado sábado a décimo quinta xornada do Grupo 1 de Segunda División B na que goleou ao Ventorrillo de A Coruña cun 1-10. Os vigueses anularon os últimos da categoría, principalmente na segunda parte, e dominaron o encontro sen dar tregua en ningunha das súas liñas. Os goleadores polo conxunto vigués foron Jhony con 3 tantos, Nené e Berni con 2, e Eloy, Mario e Bruno con 1.

O Mosteiro ascende con este resultado a segunda posición da Liga por detrás do Cidade de Narón. Pola súa banda, o Universidade de Valladolid, equipo que viña liderando a clasificación nas últimas xornadas e próximo rival dos vigueses, cae á terceira praza cun partido menos, debido á polémica suspensión do seu encontro fronte a o Gardo.