O Mosteiro despídese de Copa Xunta coa cabeza ben alta

Imprimir

O Mosteiro Bembrive queda fóra da Copa Xunta tras perder en cuartos de final por 2-5 ante o Burela Pescados Rubén de Primeira División. O encontro, que se disputou onte a partido único no pavillón de Bembrive, cumpriu coas expectativas e foi un espectáculo no que o Mosteiro demostrou unha vez máis que pode plantalo cara aos mellores equipos do panorama nacional.

A primeira metade do encontro ábrese cun tempranero gol do Burela. Ambos os dous equipos repártense o dominio do balón, aínda que son os lucenses os que materializan as súas ocasións. Así, transcorridos poucos minutos, os lucenses marcan o 0-2. Axiña o Mosteiro reacciona e goza das súas mellores oportunidades, pero os vigueses reciben outro duro golpe cun penalti en contra que anota o Burela.

A raíz da pena máxima o partido perde intensidade e ningún dos dous equipos chega con claridade a portería. Non obstante, os de Pitu comezan a premer ao contrario en busca do tan ansiado gol que chega cunha xenialidade de Nené a falta de 1 minuto para o final do período, ao que o segue a expulsión de Matamoros, autor de dous dos goles dos lucenses. O partido continúa cun 1-3 que mantén as esperanzas do Mosteiro. Os vigueses dominan e as poucas oportunidades do Burela rexéitaas Kuka unha e outra vez. A medida que avanza o crono os lucenses vanse poñendo máis nerviosos e lánzanse ao ataque á caza do gol que lles dea a tranquilidade. A falta de 7 minutos o Mosteiro, consciente de que se está a facer co partido, saca o porteiro-xogador e logra que lle fagan un penalti que anota Nené subindo o 2-3 ao marcador.

A remontada parecía posible e os de Pitu véñense arriba, pero en dous contragolpes, aproveitando que a portería do Mosteiro está baleira, o Burela sentencia o encontro cun 2-5. Un resultado que fai pouca xustiza ao que se puido ver sobre a pista.

Eliminado da Copa Xunta el Mosteiro pensa xa na súa próxima cita, un choque crave ante un firme aspirante ao ascenso, o Universidad de Valladolid.