Cabecera Vide

O Mosteiro arranca na Copa Xunta con vitoria

O primeiro partido do Mosteiro Bembrive no Grupo A da Copa Xunta de Galicia concluíu coa vitoria dos vigueses ante o A Estrada Futsal por 5-3. Malia a diferenza de categoría de ambos os dous clubs, os de Pitu saíron a polo triunfo dende o inicio fronte a un rival que buscou en todo momento dar a sorpresa no municipal de Bembrive.

Os goles de Marío, Nené e Marío García na primeira parte, e os de Joni e Jacobo na segunda permitiron aos locais manter en todo momento polo menos unha diferenza de dous goles. O Mosteiro permitiuse mesmo o luxo de lanzar fóra unha pena máxima a mediados da segunda parte.

Con esta vitoria, os vigueses sitúanse líderes do Grupo A e visitarán o próximo sábado o equipo coruñés KFM Motorsport.

Durante esta semana as miradas estarán postas tamén na sede de Federación Española de Fútbol onde o Bembrive coñecerá o seu rival na primeira eliminatoria da Copa da súa Maxestade o Rei.