O Mosteiro clasificado para os cuartos de final da Copa Xunta de Galicia

Imprimir

O segundo partido do Mosteiro Bembrive no Grupo A da Copa Xunta de Galicia concluíu coa vitoria dos vigueses ante o KFM Motorsport coruñés por 0-6. Cómodo partido do Bembrive, que dominou o encontro de principio a fin, chegando ao descanso cun marcador a favor de 0-3.

Os tantos, moi repartidos, foron obra de Mario, Berni, Joni, Jacobo e Morgade en dúas ocasións. O técnico Pitu premiou con aminutos dous xogadores do equipo xuvenil, o gardameta Diego e Alberto, que obtiveron unha bo actuación.

Con esta vitoria, o Mosteiro asegúrase o pase automático aos cuartos de final, onde o esperará un destes catro equipos: Burela Pescados Rubén e Santiago Futsal de Primeira División, e O Parrulo Ferrol e Prone Lugo de Segunda División.

Con este partido, o equipo vigués dá por finalizada a pretempada. Esta fin de semana regresará a Liga ao pavillón de Bembrive coa visita do Ventorrillo coruñés, derbi galego que dará o pistoletazo de saída a unha tempada esperanzadora no Grupo I de División B do fútbol sala nacional.