Cabecera Vide

O Mosteiro busca os oitavos da Copa do Rei ante o Santiago Futsal

O Mosteiro Bembrive regresa á competición de Copa do Rei para medirse, noutra cita histórica, ao Santiago Futsal, na eliminatoria de dezaseisavos de final. O do, a partido único, terá lugar hoxe martes 29, ás 21:00 horas, no pavillón de Bembrive.

Un ano despois, e na mesma rolda, os vigueses vólvense cruzar cun club que milita en Primeira División, o Santiago Futsal. Un histórico do fútbol sala nacional, dirixido por Santi Valladares, que se presentará en Bembrive coa vitola de favorito, pero sabedor de que o Mosteiro non lles porá as cousas nada doadas.

Os vigueses chegan a este partido tras empatar a 5 tantos no seu desprazamento da fin de semana a Cistierna (León). O partido comezou moi ben para os intereses do Bembrive que cunha defensa férrea e un rápido contragolpe se adiantaron no marcador con gol de Jacobo, ao que soubo responder o Cistierna con tres tantos consecutivos. Un dobre penalti convertido polo visitante Nené deixou o marcador no 3-2 co que se chegou ao descanso. Tras a reanudación, o dominio do Mosteiro impúxose e os goles de Mario García e, de novo, Nené daban a volta ao marcador 3-4 para os de Pitu. Rapidamente os locais optaron polo ataque co porteiro xogador, que de novo os situaba por diante no marcador 5-4, sendo finalmente Berni, a tan só 30 segundos do final, o que estableceu as táboas definitivas.

Pola súa banda, o Santiago Futsal caía no seu cancha fronte ao todopoderoso Inter Movistar por 2-4, nun encontro moi disputado e pelexado ata o final polos galegos.

Para o partido de hoxe Pitu recupera aos lesionados Borrajo e Morgade. A ilusión do Bembrive é máxima, ao conseguir de novo que o fútbol sala de primeiro nivel estea presente na cidade de Vigo.
As entradas para o encontro poderán ser adquiridas nas taquilla do pavillón de Bembrive ao prezo de 5 euros.