O Mosteiro regresa á Copa do Rei con ganas de facer historia

Imprimir

O Mosteiro Bembrive cítase novamente coa historia. Hoxe martes, ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive, disputa a rolda de oitavos da Copa do Rei ante o Catgas Santa coloma de División de Honra. Nun enfrontamento a partido único, os vigueses soñan con lograr o pasaporte a cuartos por primeira vez na súa historia, despois dun primeiro intento falido ante o todopoderoso F.C. Barcelona a pasada campaña.

Para lograr a xesta os pupilos de Pitu deberán dalo todo na pista, física e mentalmente. En fronte terán o decano da Liga Nacional, que chega a este encontro sétimo na clasificación e tras gañar o seu último partido de Liga por un avultado 5-2 ante Aspil Vidal Ribera Navarra.

A boa noticia para o Mosteiro é a recuperación de Mario García, pero o club segue aínda pendente da evolución de Berni e Borrajo. Quen causará baixa segura é Eloy.

Con este encontro Vigo volverá acoller outro do de primeiro nivel e, pase o que pase, a xornada promete ser unha festa para todos aqueles afeccionados ao fútbol sala. Vista a expectación xerada, espera un "cheo" no municipal de Bembrive. As entradas xerais poderán adquirirse en taquilla ao prezo de 10 €, mentres que os socios terán que aboar 5 €.

Por outro lado, o pasada fin de semana o Mosteiro disputou a cuarta xornada do Grupo 1 de 2ºB, na que empatou 4-4 ante o NaturPellet Cuéllar. Os goles de Morgade, Borrajo, Chelito e Mario permitiron aos vigueses traerse un valioso punto de Segovia, pois estiveron ata en tres ocasións por debaixo no marcador e xogaron a maior parte do tempo con tan só seis homes de campo.

Con este empate o Mosteiro é cuarto na clasificación con 8 puntos e a 2 do líder, o Noia F.S.