Cabecera Vide

O Mosteiro di adeus ao sono da Copa

O CD Mosteiro Bembrive caeu derrotado onte ante o Catgas Santa Coloma de primeira división (3-7) nos oitavos de final da Copa do Rei de fútbol Sala. Nun abarrotado pavillón de Bembrive, os locais soñaron durante a primeira media hora coa vitoria. Os visitantes aproveitaron o cansazo dos vigueses na segunda parte para sentenciar o encontro. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presenciaron dende as bancadas o encontro.