O Mosteiro déixase dous puntos ante o Albense

Imprimir

A sexta xornada do Grupo 1 da Segunda División B saldouse cun empate 2-2 entre o Mosteiro Bembrive e o CD Albense, un resultado que sabe a derrota tal e como se desenvolveron os acontecementos. O equipo vigués, que viaxaba a Alba de Tormes con tan só 7 xogadores de campo tras a confirmación das sancións a Chelito e Mario García, deixou escapar nos últimos minutos un vantaxe de dous goles.

A escaseza de efectivos obrigou o míster Pitu a formular un partido de menos a máis, que dalgún xeito gardase as forzas dos seus pupilos ata o asubío final. Tras unha primeira parte sen goles, os vigueses subiron a intensidade na segunda, o que lles permitiu adiantarse no marcador por medio de Jacobo tras unha espléndida acción de estratexia. Pouco despois, de novo Jacobo subiría o 2-0 ao marcador tras unha xogada individual e perfecta definición por alto.

A partir dese instante e sen perder a cara ao partido, o Albense botouse arriba ata conseguir o empate a falta de minuto e medio, o que provocou a decepción da escuadra viguesa, que viu como lle escapaba unha oportunidade de ouro para lograr a súa primeira vitoria fose de casa e nunha cancha maldita para eles nas últimas tempadas.

A pesar deste resultado, o Mosteiro continúa segundo na clasificación, pero amplía a 4 puntos a súa distancia co líder, o Noia, que venceu con contundencia na cancha do Cuéllar.

A próxima xornada os vigueses xogarán de novo como visitantes, esta vez en terras asturianas fronte ao Boal Belleza, e están obrigados a lograr os 3 puntos se non queren perder o tren de cabeza.