O Mosteiro asina un empate agridoce ante o ADFS Bueu

Imprimir

A oitava xornada do Grupo 1 de Segunda División B deixou un empate a 4 entre o Mosteiro Bembrive e o ADFS Bueu, o que supón un pequeno retroceso nas aspiracións ao título dos vigueses. O resultado permítelles manterse na segunda posición da clasificación, pero ábrese unha brecha de 6 puntos con respecto ao líder, o Noia FS.

A próxima xornada, concretamente o sábado 14, ás 16.00 h, primeiro e segundo enfrontaranse no que sen dúbida será un dos do máis esperados da tempada. O Mosteiro ten unha oportunidade de ouro para acurtar distancias e quitar "a espinita" que lle deixou a súa última visita á localidade coruñesa, onde perdeu pola mínima tras realizar un bo encontro.

Os de Pitu queren a vitoria que lles escapou ante o Bueu nos últimos minutos. O derbi provincial arrancou co dominio claro do Mosteiro, aínda que foi o equipo de Javi Santos o que se adiantou no marcador. Pronto reaccionaron os vigueses, que por medio de Borrajo, Nené e Jacobo deixaron constancia da súa superioridade, ata que instantes antes do descanso o Bueu anotaba o 3-2 que deixaba o partido aberto.

O Mosteiro afrontou a segunda metade cun pequeno baixón físico que puido custarlle os 3 puntos; a pesar diso, e do tempranero empate dos de O Morrazo, Nené apareceu para marcar o 4-3 tras unha grande xogada individual e así dar ás aos vigueses. Aínda que parecía telo todo ao seu favor, grazas tamén á expulsión dun xogador do Bueu, o Mosteiro non soubo manter esta vantaxe, e nos últimos minutos do encontro encaixaba o gol que poñía o 4-4 definitivo.