mosteiroO Mosteiro Bembrive afronta mañá sábado, ás 18:00 h, a décimo quinta xornada do Grupo 1 de Segunda División B, na que se medirá ao Leis Pontevedra no pavillón municipal da capital lerezana.

Tras un longo paro de Nadal o Mosteiro volve á competición liguera con ganas de recuperar o seu sitio na zona alta da clasificación. Actualmente é cuarto con 25 puntos, un posto que non lle satisfai en absoluto, pero que valora positivamente tendo en conta a morea de lesións que sufriu o equipo e a traxectoria ascendente que veu mostrando nos últimos encontros.

Esta xornada os vigueses enfróntanse ao Leis nun do directo que, ademais, pon fin á primeira volta. Os de Pitu avantaxan o seu adversario en tan só 1 punto e iso fai presaxiar un derbi provincial moi disputado. Ao contrario do que sucedeu a pasada campaña, cos pontevedreses en horas baixas e incapaces de facelo fronte ao Mosteiro, o Leis é agora un dos equipos revelación da tempada e pouco a pouco vai recuperando as virtudes que o auparon á División de Honra do fútbol sala nacional, categoría na que algúns dos seus xogadores posúen experiencia, como Raúl Jiménez.

O nadal sentaron ben aos vigueses, polo menos, en canto ás lesións refírese, e deulles tempo a descansar e recuperarse fisicamente. Isto significa que Pitu poderá desprazarse a Pontevedra co equipo ao completo e en bo estado de forma.