bembrivemA décimo sétima xornada do grupo 1 de Segunda División B enfrontará ao Mosteiro Bembrive e o C.F.S. Cistierna nun encontro que terá lugar mañá sábado, ás 18:30 h, no pavillón de Bembrive. Fai máis dun mes que o Mosteiro non xoga na casa debido ao paro de Nadal e aos seus dous posteriores encontros como visitante. Mañá ante a súa afección tratará de lograr a súa terceira vitoria consecutiva no que vai de ano, pero para escalar dende o cuarto posto da clasificación terá que esperar aos resultados que se dean entre os equipos que ocupan a zona alta, que nas últimas xornadas se resisten a ceder un só punto.

Os vigueses terán en fronte a un Cistierna en horas baixas, ao que lle está a custar alcanzar un bo estado de forma e ao que os seus fallos, especialmente defensivos, o levaron á penúltima praza de la táboa. Algo que sorprende en contraste coa tempada pasada, na que, a pesar de ser recén ascendidos, se converteron nun dos equipos revelación. Aínda así, nada está feito ante os leoneses, os que no choque da primeira volta plantaron cara aos de Pitu, que non foron capaces de pasar do empate 5-5.

Para este partido a única baixa segura coa que contará o Mosteiro é a do porteiro Cuca por motivos persoais.