Seis do Nadal vs XiriaO Club Vigo Voleibol continúa coa súa boa sorte e venceu o sábado ao Playas de Médano (3-2) en Coia. Tras gañar ao Palencia a semana pasada, os de Suso Penedo e Yolanda Sienes gañaron en cinco sets. Esta fin de semana viaxarán ás Illas Baleares para enfrontarse ao CV Ca,n Ventura Palma.

E a outra vitoria da fin de semana foi para El Olivo que non defraudou e goleou o SD Tordoia "A" (0-4). Resultado cómodo das rapazas de David Ferreiro que continúan primeiras na táboa de clasificación con todos os partidos gañados. Esta fin de semana recibirán ao Femiastur, o encontro será o domingo 7, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.

No capítulo de derrotas caeron o Academia Octavio, Magope, Las Cinco Jotas, Xuvenil, Blusens Networks, Celta Zorka e Bembrive FS.

O Academia Octavio segue sin levantar cabeza a pesar de que onte lle plantaron cara en Travesas ao todopoderoso At. Valladolid (23-27). Os de Jabato realizaron un grande encontro destacando García Lloria e Gayoso, o que non lle impediu sumar a súa décima derrota consecutiva. Esta fin de semana viaxarán a terras castelás para enfrontarse ao MMT Seguros Zamora.

O Magope Seis do Nadal Coia sucumbiu ante o líder de primeira estatal, o Calvo Xiria (26-31) nun partido que se complicou nada máis comezar. Encaixou un parcial de saída de 0-5 goles e tardou sete minutos en bater á férrea defensa do Calvo Xiria así que pouco puido facer ata o descanso. A falta de 8 minutos para o final, chegaron mesmo a situarse a dous goles (24-26) pero o Calvo Xiria soubo manter a calma e pronto volveu pór terra polo medio cos de Jorge Fernández (24-29, min 56) para rematar gañando por 26-31. Esta semana enfrontaranse ao Luceros a domicilio.

Partido intenso o vivido o sábado en Lavadores, onde Las Cinco Jotas perdeu ante un superior BM.Chapela (22-33). Os locais solo foron capaces de aguantar os primeiros vinte minutos. Ao descanso xa gañaban de seis e aínda que os vigueses nunca lle perderon a cara ao partido, foi imposible achegarse no marcador a un claro aspirante a xogar a fase de ascenso, por equipo e presuposto. Agora veñen dous partidos importantes, BM. Pontevedra fóra e SAR na casa, onde os vigueses se ven na obriga de puntuar.

Era de esperar a derrota do Xuvenil Teis ante o Cuesta Piedra Santa Cruz (3-0), posto que ocupa a segunda praza do grupo. Pero nos dous primeiros sets as viguesas deixaron o pavillón moi alto con parciais de 25-19 e 25-20. Tras o grande esforzo desenvolvido por todas as xogadoras, o terceiro set quedou na casa cun cómodo 25-11 e cun bo traballo de Marisa Fernández na rede (internacional con España) e Wanda Banguero por zona 4 (internacional con Colombia). Esta semana poderán readaptar as formulacións posto que teñen unha semana de descaso na liga.

O Blusens Networks Universidade de Vigo caeu 8 a 7 en Eibar. Non puido ser e a pesar de ir gañando durante todo o partido, cun ensaio nos primeiros minutos, os vigueses remataron caendo na última xogada tras a insistencia local nos 5 metros vigueses cun ensaio. O Blusens Networks regresa Vigo con derrota, pero cun punto bonus, para preparar dúas xornadas seguidas como local en As Lagoas Marcosende, ambas as dúas ante os equipos pucelanos. A primeira pola décima xornada de liga, o VRAC Quesos Entrepinares, o sábado 6 ás 16.30 h., e a segunda polo partido aprazado da primeira xornada, o sábado 13 ante El Salvador B, ás 16 h.

O Celta Zorka perdeu ante o Ensino (61-57) un partido moi igualado, onde, a 18 segundos para o final o conxunto local gañaba por un punto de diferenza. Loureiro foi a máxima anotadora e MVP do partido xunto con Ylenia. Esta fin de semana as de Cristina Cantero reciben ao CB Adareva, o partido será o sábado 6 ás 18.30 h. no Pavillón de Navia.

E o CD Mosteiro FSBembrive FS perdeu ante o Cistierna FS (3-4) o sábado no pavillón de Bembrive. Os de Pitu mantéñense cuartos na táboa de clasificación. Esta fin de semana desprazaranse a terras lucenses para enfrontarse ao SD Xove FS a domicilio.