Cabecera Vide

Traballada vitoria do Cinco Jotas

Partido de moitos altibaixos o que se viviu no pavillón de Lavadores cun resultado de 28-27 a favor dos vigueses. Empezou moi forte o Embutidos Lalinense - BM Lalín, e ata o minuto 8 non foi capaz o Cinco Jotas UB Lavadores de poñerse por diante, chegando a alcanzar unha vantaxe de 8 goles. No minuto 22 da segunda parte con 26-20 no marcador, gran reacción do Lalin que chegou a ter balón para empatar coa ultíma posesión que a estrelou no poste.

Con este resultado o Lavadores sitúase oitavo en metade da clasificación. O próximo partido será en Coruña contra o BM. Artabro Novo Mesoiro.