Mal partido do Cinco Jotas ante un grande equipo, o Calvo Siria, caendo derrotado por 26-33. Os de Lavadores en ningún momento foron por diante no marcador. Os visitantes afogaron por completo o xogo dos de casa e chegaron a ter unha vantaxe de nove goles.
Só unha grande reacción dos vigueses na segunda parte os levo a achegarse a dous goles, pero non foi suficiente e o baixón físico rematou por consumar a derrota.
A semana que vén a intentar curar as feridas contra o Balonmán Pavillón Ourense a domicilio.