Cabecera Vide

Vitoria do Cinco Jotas no derbi local

Grande ambiente en Lavadores para ver o derbi local, Cinco Jotas Lavadores - Granitos Ibéricos Carballal (31-27), que non defraudou a ninguén pola emoción e a grande rivalidade entre os dous equipos, que se xogou sen un solo incidente tanto na pista coma na bancada, que non parou de animar aos dous conxuntos durante todo o partido.

Empezou forte o equipo de casa e de inicio marcou o ritmo marchando nos primeiros minutos ata un 7-2 obrigando ao adestrador visitante a pedir tempo morto e lograr empatar 8-8, pero de novo outra reacción dos de casa marcou o descanso con 17-11 no marcador.

Continuou a segunda parte cun Lavadores forte chegando a alcanzar unha vantaxe máxima de 24-15 aos dez minutos, pero pouco a pouco os visitantes foron achegando no marcador ata poñerse a un gol a falta de menos de tres minutos para o final 28-27, momento no que os locais tiveron mellor acerto e levaron o partido por 31-27.