O Cinco Jotas vence en Bueu

Imprimir

Partido moi igualado do Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores na súa visita ao Atlético Bueu (27-34)  na primeira parte, que ata os seus instantes finais, non conseguiu o equipo vigués despegarse un pouco no marcador, 16-19 ao descanso. Na segunda parte, cun mellor axuste defensivo e máis acerto en ataque, fíxose máis doado para o equipo visitante que acabou impoñendo a súa maior calidade de equipo.

A semana que vén, de novo toca xogar fóra, en Coruña contra o Oar.