Derrota do Cinco Jotas en Coruña

Imprimir

O Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores caeu derrotado en Coruña ante o O.A.R. por 25-21. Partido frouxo dos de Vigo sobre todo en ataque, a pesar do cal a chego ao descanso cun apertado 13-13.

Continuo igualado na segunda parte, pero en ataque seguían os mesmos problemas a pesar do cal chegaron ao minuto 26 moi igualados (22-21) pero a partir de aí os locais estiveron mais acertados, mentres que os visitantes fallaron todos os ataques e non conseguiron mover a súa cuadrícula.

Ocasión perdida para distanciar un pouco mais aos de abaixo e o próximo sábado toca un rival duro no pavillón de Lavadores, ás 18:30 h. contra o Cisne Bm.