Mal partido do Cinco Jotas Unión Balonmán Lavadores o xogado o sábado, no pavillón de Lavadores, onde caeron derrotados ante o Cisne por 30-33. Con marcador en contra de ata 7 goles, os de Pontevedra anotáronse a vitoria cunha maior facilidade da que esperaban.

Tras o descanso navideño, a Primeira Nacional de balonmán masculino volverá á competición o 12 de xaneiro. O Cinco Jotas recibirá ao Vitaldent BM. Pontevedra no pavillón de Lavadores.