Vitoria das Cinco Jotas en Lavadores

Imprimir

Os Cinco Jotas UB Lavadores venceu o sábado ao OAR Coruña por 29-21 nun partido intranscendente para ambos os dous conxuntos, xa que se atopan situados na parte media da táboa de clasificación, a unha xornada para o final de liga. O próximo sábado os vigueses enfróntanse ao Cisne BM. a domicilio. O encontro, ao igual que todo os da Primeira Estatal masculina, será ás 19 h.