Primeira final para o talleres ABC vigo FS

Imprimir

vigofsComeza a segunda volta do campionato ligueiro e que mellor xeito de empezala cunha vitoria fronte ao máis directo rival na táboa, así formúlase a fin de semana para o Talleres ABC, recibe ao Vilalba F.S. en As Travesas, nun partido que se podería destacar como dos mais importantes da tempada.

Os lucenses pechan a táboa con dous puntos menos que os vigueses, no partido de ida en terras de Lugo ambos os dous equipos empataron a dous goles nun partido no que o Vigo FS recibiu o gol de empate a falta de escasos segundos para o final, ambas as dúas escuadras preséntanse cun grande déficit de puntos o que servirá de estimulo para un encontro de formidable importancia de cara a posibles futuros descensos de categoría, xa que unha derrota podería pesar moito de cara a próximas citas. Para este partido Siso conta con todo o equipo, coas incorporacións de Xoan (xa xogou fronte a C.P. Casás) e a última fichaxe Bruno que seguro dará un plus ao xogo dos vigueses.

O encontro disputarase o sábado 16 no Pavillón Central de As Travesas ás 17:00h.