talleres abcVitoria importantísima a conseguida polo equipo vigués este sábado no central de As Travesas ante o Vilalva FS de Lugo, na súa loita por conseguir canto antes a salvación no seu primeiro ano na terceira nacional. O encontro finalizou con vitoria do Talleres ABC Vigo por 5 goles a 3 e os goleadores do equipo vigués foros Pinilla, Parra, Samu cun gol e Modes con dous goles.

Partido emocionante entre dous equipos da zona baixa da clasificación onde os vigueses dominaron o xogo e foron sempre por diante no marcador.

O próximo sábado o Talleres ABC Vigo desprázase á mariña lucense para enfrontarse ao Burela B, equipo que ocupa o décimo posto con oito puntos un menos que o equipo vigués.