O talleres ABC Vigo-Olivo plantou cara ao equipo de Lugo terceiro clasificado e un dos candidatos ao título de liga, nunha grande segunda parte do equipo de Vigo, onde o resultado foi de tres a tres, resultado que non foi suficiente para traer algún punto a casa, debido a que o resultado na primeira parte foi de dous cero para o conxunto local.

Resultado final de 5-3 onde o equipo local fixo valer a súa veteranía fronte a un conxunto o do Talleres ABC Vigo cun equipo moi novo en torno aos vinte anos de media. Polo equipo vigués, dirixido por Siso, os goleadores foron, Parra, Bruno e Fabio.

Próximo partido o sábado ás 17 horas en pavillón central de travesas contra o A Estrada FS, o subcampión do ano pasado, candidato ao título deste ano e flamante semifinalista de la copa Xunta de Galicia.