liga_nataciono vindeiro domingo, celébrase na Piscina Municipal do Carme a segunda xornada da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo. Desde a concellería de Deportes, coa colaboración do Club Natación Rías Baixas, da Fundación VIDE e da FOANPAS, se está a traballar para que esta segunda xornada sexa, como xa pasou na primeira, un éxito de participación.

O Concello de Vigo ten a firme intención de continuar impulsando esta competición escolar, xa que é fundamental dinamizar actividades que permitan ós e ás xóvenes deportistas ter o primeiro contacto coa competición nun ambiente lúdico e co acento marcado no obxectivo educativo-formativo.