1Do mesmo xeito que o Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte continuará en 2021 co seu apoio ao deporte local. Así o anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, no Pavillón Central das Travesas, nun acto con aforo limitado, distancia interpersoal e rodeado de elementos específicos de varios deportes (balóns de baloncesto, fútbol ou fútbol sala, mazas, unha bicicleta, patíns...) que representaban a boa parte das modalidades deportivas que promociona VIDE.

 

IMG 2072 copiaA Fundación Vigo en Deporte, dedicada á promoción do deporte de base e que impulsa o Concello de Vigo, abonou estes días un total de 20.000 euros aos clubs do seu programa Siareiros pola tempada 19/20 e xa acumula unha achega de 183.000 euros por este concepto dende que Manel Fernández, edil de Deportes, asumiu a Vicepresidencia de VIDE no 2011.

 

IMG 0652 2En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.