IMG 0652 2En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Manel Fernández, concelleiro de Deportes e, por delegación do alcalde, presidente da Fundación Vigo en Deporte, VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, puxeron en marcha esta semana a nova campaña 19/20.

Dende que Zonda se uniu ao panel de patrocinadores de VIDE, e sumando os boletos que colocarán as trinta e seis entidades deportivas de Siareiros que apostan por esta iniciativa, o deporte de formación supera os 200.000 euros de ingresos atípicos. Cada papeleta, coma sempre, pódese conquerir ao prezo de 1 euro (donativo).

A campaña rematará co sorteo o 15 de febreiro no partido Iberconsa Amfiv - Amiab Albacete, no pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas. O Amfiv é o club que apadriña o sorteo por selo máximo representante na actualidade entre os clubs do programa Siareiros, ao competir na División de Honra.

A viaxe inclúe traslado en autopullman dende Vigo, billetes de ferry Tarifa-Tánger e Ceuta-Alxeciras, e visita a Alxeciras, Tarifa, Tánger, Fez, Meknes, Tetuán, Ceuta e Xerez.

Bases do sorteo "Viaxe Marrocos e Ceuta" campaña Siareiros 19-20