Becas concello 2018A Fundación Vigo en Deporte, que preside o concelleiro Manel Fernández por delegación do alcalde da cidade, Abel Caballero, abriu o prazo de inscrición para a súa convocatoria de bolsas anuais a deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos pola tempada deportiva 18/19.

Co luns 18 deste mes como data tope para a presentación das solicitudes, será este o sexto ano consecutivo que VIDE, co pulo do Concello, convoque aos e ás sub-23, destinando para iso unha partida de 20.000 euros. A axuda por solicitude á que optarán é de 1.000 euros, cantidade que se comparte no caso de recaer nos solicitantes de modalidades de dous, tres ou catro deportistas.

A esta iniciativa de VIDE poden concorrer as e os deportistas empadroados en Vigo (dende o 1 de xaneiro de 2017) e nados dende o primeiro día de 1996, coa única condición de que non reciban subvención municipal do Concello polo exercicio 2018/19, do mesmo xeito que sucede dende 2016.

A axuda global da Fundación VIDE ao deporte individual local a través deste programa establecido en 2014 acadará así os 120.000 euros para dar apoio aos novos valores. Nas dúas últimas convocatorias beneficiáronse 23 deportistas por ano.

Carta do concelleiro polas axudas individuais 18-19

Bases da convocatoria de axudas individuais 18-19

Formulario da convocatoria de axudas deportistas individuias 18-19