Adegas Valmiñor, Gadis e Grupo CdeC, empresas que apoian ao deporte a través de VIDE, tamén se implican en varios eventos

Imprimir

Semana Abanca 2023O panel de empresas que xunto co Concello de Vigo fan realidade o apoio ao deporte formativo mediante a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) está a amosar a súa importancia tamén de xeito directo co patrocinio doutros eventos, casos do Desafío Boot Camp Race ou os torneos internacionais Concello de Vigo de vela ou de caiac de mar.


Adegas Valmiñor uniuse ás compañías que colaboran cos torneos internacionais Concello de Vigo de deportes de mar, organizados polo Club Marítimo de Vigo dentro da Semana Abanca de deportes náuticos. O Grupo CdeC patrocina o Desafío Boot Camp Race de carreiras de obstáculos. E Gadis tamén é un dos patrocinadores do Desafío. As tres compañías tamén son quen de colaborar con VIDE. O pool de empresas co que o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, pactou o patrocinio de VIDE está a desenvolver unha gran actividade a prol do deporte vigués. Fernández, vicepresidente da Fundación Vigo en Deporte e o seu xestor executivo por encargo do alcalde, considera que a inmersión das firmas nos eventos deportivos é "unha nova excelente".