Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Fotosizer campusA Fundación Vigo en Deporte lanza a preinscrición para os seus tres campus polideportivos, que contarán co apoio dos cadros técnicos dos principis clubs adscritos ao programa Siareiros. Este programa, que dá continuidade no verán ao prograna municipal de escolas deportivas, comezou no ano 2000 e por el xa pasaron milleiros de nenas e nenos.

Dúas quendas no complexo deportivo municipal das Travesas e unha no complexo de Samil terán lugar nos vindeiros meses de xuño e xullo, de luns a venres pola mañá. As preinscricións para estas activiades abriranse este xoves (agora mesmo están desactivadas). Todos os datos que necesitades coñecer sobre os campamentos está á vosa disposición na ligazón de información:

 

Información Campus Polideportivos 2023

 

CAMPUS POLIDEPORTIVO TRAVESAS I

(do 26 ao 30 de xuño)

 

CAMPUS POLIDEPORTIVO TRAVESAS II

(do 3 ao 7 de xullo)

 

CAMPUS POLIDEPORTIVO SAMIL

(do 10 ao 14 de xullo)