300cameliasCamelias Centro Comercial e a Fundación Vigo en Deporte decidiron renovar a súa colaboración por unha tempada máis para que os subscritores a Siareiros dispoñan de servizo de aparcamento as xornadas de partido no pavillón de As Travesas.

Segundo o acordo, todo subscritor a Siareiros para a tempada 2009/2010 poderá gozar de dúas horas gratis cando parta no central de Celta Indepo (Liga Feminina), Pilotes Posada (Liga Asobal) ou do Ciudad de Vigo Basquet (LEB Ouro). O socio do programa Siareiros, ao que están adscritos clubs de voleibol (C.V. Vigo e Turismo de Vigo Xuvenil de Teis), balonmán (Pilotes Posada), béisbol (Halcones), rugby (Universidade de Vigo TRC Ednon), baloncesto (Celta Indepo, Aldasa Amfiv e Cidade de Vigo Basquet), hóckey (Vigo Viajes Eroski), hóckey a patíns (Vigo Stick) e fútbol (Olivo Caixanova), pode gozar durante toda a tempada de numerosas competicións por un prezo moi alcanzable.

Esta decisión permitirá un considerable aforro económico aos seguidores dos equipos da cidade cando queiran acudir ao pavillón de Ás Travesas para animar ás súas cores. O siareiro poderá dispoñer de dúas horas de forma gratuíta coa presentación do carné de Siareiro e o DNI. Tanto Laura Magdalena, directora-xerente de VIDE, como o director-xerente de Camelias Centro Comercial, Ricardo Martínez.

O primeiro partido con este novo acordo é o Pilotes Pousada-Alcobendas, este sábado ás 18.00 horas no pavillón central.