Cabecera Vide

Comité organizador local e CESU inclúen o Centro Cultural Caixanova no programa do Foru FISU

visitacaixanovaO Foro FISU 2010 (21-26 de xuño de 2010) que organiza a Fundación Vigo en Deporte co apoio de Tenencia de Alcaldía, Concellería de Deportes, Consejo Superior de Deportes e Universidade de Vigo, pivotará sobre o Centro Social Caixanova, teatro e salón de actos do campus da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende e Centro Cultural Caixanova. Comité organizador local e CESU (Comité para o Estudo do Deporte Universitario) así o decidiron tras ver venres e sábado pasados todas as instalacións.

Inicialmente sabíase que o Centro Social Caixanova, polas súas magníficas instalacións e a súa condición de punto céntrico urbano, e o teatro do campus da Universidade ían levar o protagonismo de seis días de intensos debates sobre o deporte universitario mundial, pero as visitas aos recintos convenceron ás partes de que o gran número de debates e talleres de traballo do programa oficial recomendaban ampliar as salas a utilizar. Por iso a organización ofreceu a Claude-Louis Gallien, presidente do CESU e vicepresidente primeiro da FISU, a posibilidade de incorporar tres amplas salas de discusión do Centro Cultural Caixanova, o que o francés aceptou.

Outra proposta que prosperou é a de incrementar o protagonismo da Universidade de Vigo. A petición do propio CESU e tras ver o salón de actos universitario (onde se reúne o claustro), nel debaterase un dos subtemas do Foro (“Muller e deporte universitario”). Sucederá o día 23 de xuño de 2010 e esa xornada será plenamente universitaria, pois nas Lagoas-Marcosende tamén se celebrará a chamada “Feira de pósteres”, é dicir, o encontro de todas as universidades participantes nunha feira na que cada unha presenta ao resto de participante os seus programas de estudos, culturais e deportivos. A feira expositiva situarase no teatro da Uvigo.