Cabecera Vide

A selección española que participará no europeo SUB 21 de Taekwondo, decidida

sabela_lonja

A selección española que participará no Europeo sub 21 de Taekwondo, que terá lugar en Vigo entre os días 6 e 8 de novembro, xa está decidida, tralas probas de selección realizadas en Madrid.

O equipo español está formado por 9 mulleres e 9 homes, xa que España competirá en todos os pesos. A selección feminina está formada por Jone Lizano (Navarra -43); Paula Benes (Rioja, -47), Zaira Rivera (Cataluña, -51), Anna Casabella (Cataluña, -55), Lara Oubiña (Galicia, -59), Sabela Lonja (Galicia, -63) e Raquel Menéndez (Madrid, -67), Sandra Lorenzo (Madrid, -72) e Elena Gómez (Cataluña, +72).

Mentres, o conxunto masculino estará formado por  Samuel González (Canarias, -50), Pablo Carou (Galicia -54), Joel González (Cataluña, -58), Borja Ríos (Galicia, -63), José Fernández (Galicia, -67), Raúl Bouzas (Galicia, -72), Raúl Martínez (Valencia, -78), Juan Méndez (Murcia, -84) e Joel Catalina (Cataluña, +84).

Finalmente, seis serán os representantes da comunidade galega no equipo español, xa que tanto Lara Oubiña como Pablo Carou lograron a súa clasificación na calificación desenvolvida en Madrid. Unha vez máis, a Federación Galega é a territorial que mayor número de deportistas aporta á selección española, polo que volve a amosar o altísimo nivel das e dos deportistas galegos, así como o traballo dos técnicos.

Países inscritos. Máis de trinta países inscribíronse no Campionato de Europa sub 21 de Taekwondo, co cal se superan as expectativas máis optimistas da organización. Finalmente, entre deportistas, técnicos e o resto da delegación haberá en Vigo máis de 350 persoas de 32 países. Os equipos inscritos son os pertencentes a Andorra, Bélgica, Bielorrusia, Bulgaria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemania, Hungría, Irlanda, Israel, Letonia, Mónaco, Holanda, Noruega, Polonia, Eslovenia, Serbia, Suiza, Suecia, Turquía, Ucrania, España, Portugal, Rumanía, Chipre, Rusia, Lituania, Azerbaiyán, Luxemburgo, Italia e Georgia.

Esta magnífica resposta ven a amosar o interés dos países nesta categoría, xa que ven a cubrir un salto de idade moi importante entre junior e señor. Hai que recordar que o campionato de Europa sub 21 de Vigo será o primeiro que se celebre desta categoría e que foi a proposta da Federación Galega de Taekwondo.

Venda de localidades. A competición desenvolverase no Pavillón Central das Travesas en horarios de mañá e tarde  e as localidades están á venda a través da páxina web do campionato (www.vigo09tkd.com) ou da de Servinova (www.servinova.com) ao prezo de 12 euros por día, aínda que tamén hai un abono para os tres días (28 euros).