taekwondovigo7Raúl Bouzas, do Olimpic Vilagarcía (-72 quilos, peso lixeiro) cualificou a final como moi axustada. “Era un holandés moi duro que sabía o que facía e púxomo moi difícil ata os últimos 25 segundos”. “O meu secreto foi a tranquilidade, iso é o fundamental”. “Foi incribe, disfrutei todos os combates. Había un ambiente fantástico e penso que este campionato fará que o taekwondo acade un maior recoñecemento”. 

Joel González, peso mosca ( -58 quilos). "Viña bastante canso e con molestias pero estando no meu país tiña que facelo o mellor posible e saíu ben". "Non lograr a medalla de ouro aquí si que me minguaría un pouco". "Houbo moitas medallas de España, foi unha pena que moitos quedaron en cuartos". "Mañá voume a México xunto con Andrea Rica á 1ª Liga profesional, que suporá darlle máis importancia ao taekwondo. Xa hai 17.000 entradas vendidas para o día 14".