Cabecera Vide

VIDE fixa a Vigo Cup 2010 do 28 de xuño ao 4 de xullo

vigocupA Fundación Vigo en Deporte, como organizadora da Vigo Cup, torneo internacional de fútbol base, estableceu as datas para a edición de 2010, que será a décima, novena baixo o manto de VIDE.

Así, o evento, que reúne a equipos de Galicia, norte de Portugal e varias comunidades autónomas españolas, disputarase do 28 de xuño ao 4 de xullo de 2010 en varios campos, coas finais de fútbol no estadio municipal de Balaídos e as de fútbol 7 no campo de Samil.

As categorías, segundo a idade, son as seguintes:

En Fútbol 7,

Sub 7: mixto.        Nad@s despois do 01/01/2003
Sub 8: mixto.        Nad@s despois do 01/01/2002
Sub 10: mixto.      Nad@s despois do 01/01/2000
Sub 12: mixto.      Nad@s despois do 01/01/1998
Sub 16: feminino. Nadas   despois do 01/01/1994
Damas: aberto.

En Fútbol 11,

Sub 14: masculino. Nados despois do 01/01/1996
Sub 16: masculino. Nados despois do 01/01/1994

Os deportistas de menor idade poderán participar na de superior categoría, pero só se poderán inscribir e xogar nunha. Os deportistas só se poderán inscribir e xogar nun equipo. Outro tema de moito interese é que os xogadores e xogadoras disporán dun seguro privado a cargo da Fundación Vigo en Deporte.

O prazo de inscrición xa está aberto. A data límite de solicitude para participar é do 15 de maio de 2010, mentras que o tope para a entrega da documentación queda marcada para o 30 de maio de 2010.

A organización decidiu manter os prezos do pasado ano. Así, os equipos sub 7 e sub 8 deberán pagar 30 euros por equipo, mentres que para o resto de categorías o custo será de 90 euros por equipo a matrícula ordinaria e de 60 euros/equipo a bonificada solicitando a inscrición antes do 1 de maio de 2010. Ademais, VIDE mantén outra iniciativa vantaxosa para os clubs: cada 5 inscricións de equipos da mesma entidade deportiva, unha sairalle gratis. Como todos os anos, os campións do cadro de honra de cada categoría serán invitados á seguinte edición de Vigo Cup.

Máis información en: www.vigocup.com
Teléfono: 34 986 247 104
Fax: 34 986 247 105
email: vigocup@vide