VIDE entregou unha doación aos clubs de elite siareiros

Imprimir

subvencionXabier Alonso, concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, recibiu no Concello aos clubs de elite de VIDE para un pequeno encontro por Nadal no que se entregou a primeira doazón da tempada.

O concelleiro fixo fincapé en que o seu departamento subiu as axudas ao deporte a pesar da crise e tamén valorou que VIDE, “a pesar de nutrirse fundamentalmente de apoios privados, soubo responder diante da crise e mantivo a mesma cantidade global para a elite que hai un ano”, 66.000 euros.

Os clubs beneficiados foron Pilotes Posada, C.D. Bosco (Celta Indepo), C.D. Amfiv (Aldasa), El Olivo Caixanova, C.V. Vigo, Vigo Stick (Toshiba), Cidade de Vigo Básquet (KICS), Universidade de Vigo Ednon, Halcones, Coruxo F.C. (fútbol sala) e Xuvenil de Teis (Turismo de Vigo).