Cabecera Vide

Santi Domínguez felicita o Nadal ao deporte vigués na nova campaña de VIDE

santiagodominguezSantiago Domínguez, tenente de alcalde de Vigo e concelleiro que no periodo 1999-2003 impulsou a creación da Fundación Vigo en Deporte (2002), protagoniza a nova campaña semanal de VIDE en torno ao deporte local.

O baloncesto, ademais do Celta Indepo, está de parabén: en 2010 cúmprense 80 anos da entrada desta modalidade deportiva en Vigo. Foi na praza da Constitución, no corazón do Casco Vello vigués, onde entre os mozos comezouse a practicar este deporte en 1930, aínda que tardarían en chegar os campionatos oficiais. Para celebrar tal efemérides, Santi Domínguez pousou este martes no pavillón central das Travesas –epicentro do deporte olívico dende 1968- con xogadoras do Celta Maristas, Celta Caixanova e Seis do Nadal, potencias no traballo de baloncesto base na cidade. Non é casualidade que a foto sexa co Celta e co Seis do Nadal: foron o Mellor Club Siareiro Elite e o Mellor Club Siareiro Base da tempada 2008/2009.

Na imaxe, o tenente de alcalde promociona o carné de VIDE con, de esquerda a dereita, Borja Astray (Seis do Nadal), Laura Alonso (Celta Caixanova), Jorge Cabaleiro (Seis do Nadal), Rebeca Navarro (Celta Maristas), detrás, e Irea González (diante). Todos e todas competiron coas seleccións galegas de base; ademais, Navarro é internacional con España (sub 14), coa que gañou este verán e Europeo oficioso sub 14.