Cabecera Vide

O Club Vigo Voleibol e o Emeve campións da Copa Galicia

partidos2-091Nun Pavillón de Coia, con moitos afeccionados, celebrouse a última xornada da Copa Galicia de Voleibol. En primeiro lugar celebráronse os terceiros e cuartos postos, tanto en categoría masculina como feminina, que depararon os seguintes resultados:

O Marineda de La Coruña venceu por tres sets a cero ao Zalaeta, tamén da Capital coruñesa e a continuación o VIGO "B" venceu, nun apaixonados e disputadísimo encontro, ao EMVE de Lugo por un apertado 3-2, con parciais de 20-25; 25-20; 25-19; 22-25 e 15-12, quedando en terceiro lugar desta Competición.

Ás 11,00 horas disputouse a Final feminina entre os equipos do Xacobeo de Monforte e o EMEVE de Lugo. Venceron as primeiras con moita facilidade por tres sets cero con parciais de 25-15; 25-8 y 25 12. O encontro non tivo cor xa que as xogadoras de Monforte, equipo que milita na superliga feminina, están dúas categorías por enriba das lucenses o que deixa entrever a grande diferenza existente entre os dous conxuntos que se viu reflectida na cancha. Malia iso nalgúns momentos víronse xogadas destacadas que fixeron que o público estivese entretido.

Por último, ás 13,00 horas disputouse a final masculina. O pavillón, pola hora, xa tiña un mellor aspecto e o público ía enchendo as bancadas dun pavillón que esperaba poder presenciar unha sorpresa ou posiblemente algún susto para os homes de Flavio Calafell. Pero non foi así e novamente os xogadores pertencentes ao equipo de superliga 2 (Club Vigo Voleibol) venceron con facilidade aos pertencentes á Liga FEV (Turismo de Vigo Xuvenil Teis) por tres sets cero, con parciais de 25-11; 25-18 e 25 16. Aquí tamén puidemos presenciar algunhas xogadas de gran mérito pero que non foron suficientes para poder dar esa sorpresa que algúns esperaban.

partidos3-104Pechouse a final coa entrega de Trofeos por parte do Alcalde da Cidade, o Concelleiro de Deportes e o Presidente da Federación Galega de Voleibol. Por certo que o noso Alcalde quedou gratamente sorprendido da gran plasticidade e elegancia deste deporte, así como poder comprobar que na nosa cidade existe un equipo con aspiracións serias de poder conseguir o ascenso.

Previamente e na noite do sábado celebrouse, nun hotel da nosa cidade, a Gala do Voleibol Galego. Nesta fíxose entrega de distintos premios e galardóns a xogadores/as, directivos, entidades e persoas que dalgunha forma se destacaron ao longo do ano 2009 polo seu apoio ao noso deporte. Entre todos eles destacou a entrega dun galardón a Santiago Domínguez Olveira como político e grande colaborador, dende as institucións, dentro do mundo do Voleibol Galego.