Cabecera Vide

Manel Fernández renova o convenio con Faro de Vigo

faro_convenioO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o xerente do Diario Faro de Vigo, Pedro Nuno Dias da Costa, asinaron onte, na sede do xornal, o convenio de colaboración polo que, o decano da prensa nacional, continua co seu apoio a Fundación a través do programa Siareiros e da Vigo Cup.

O diario patrocina a VIDE coa cesión dunha páxina semanal na sección de Deportes para anunciar eventos e actividades relacionadas coa Fundación, dende este mes ata maio de 2015, sendo unha delas o mes en cor.

Ademais das páxinas tamén inclúe un link coa páxina da Fundación VIDE en www.farodevigo.es e colabora na doazón de trofeos no Torneo Internacional de Fútbol Base Vigo Cup que no 2015 celebrará a súa décimo quinta edición.