O concello de Vigo achega 18.000 euros para a celebración de actividades nas pistas de atletismo de Balaidos

Imprimir

concelloAbel Caballero, alcalde de Vigo, acompañado de Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, e Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de atletismo, asinaron o pasado venres un convenio de colaboración para o desenvolvemento de diferentes actividades deportivas nas pistas municipais de atletismo de Balalaidos.

Mediante a sinatura de este convenio cunha aportación de 18.000 euros por parte do Concello, a Federación Galega comprometese a realización de diferentes actividades e competicións nas intalacións municipais co obxecto de promocionar o deporte do atletismo entre a poboación da cidade.

Entre as distintas clausulas do convenio se establece a obligación por parte da Federación Galega da responsabilidade do mantemento preventivo e a limpeza das instalacións.

O Concello, pola sua banda, asumirá os custes derivados dos consumos enerxéticos da propia instalación. Asimesmo o Concello xunto coa propia Federación Galega.