Cabecera Vide

Minata Keita, última fichaxe do Celta Selmark, aterrou onte en Peinador tras dous atrasos

Minata Keita, malinesa de 25 anos e 1,88 de altura, xa está en Vigo. A nova xogadora do Celta Selmark aterrou onte pola tarde, no aeroporto de Peinador, tras dous intentos falidos, hai unha semana a folga de pilotos de Air France frustrou os seus plans, e hoxe, incorpórase ao traballo ás ordes de Carlos Colinas.

O club vigués continúa cos seus adestramentos, baixo as órdenes de Carlos Colinas, para preparar a nova tempada. O venres desprazarase a Boiro para enfrontarse, en partido amigable, ao Universitario de Ferrol, ás 20 h.