Abel Caballero e Manel Fernández presentaron a campaña Siareiros

Imprimir

siareiros_presentacionO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron onte, no pavillón de Navia, a Campaña Siareiros 2014/15.

Preto de cincocentas persoas xuntaronse para dar o pistoletazo de saída a nova edición de Siareiros que arranca co obxectivo de chegar aos 12.000 socios.

Ao acto asistiu unha representación das empresas patrocinadoras de VIDE: Mª José Táboas de PSA Peugeot Citroën, Pedro Nuno Dias de Faro de Vigo, Juan Castro de ABC Clínica Dental, José Rial de Campos e Rial, Juan Luis Carro de Movisa, Juan Andonegui de Frutas Nieves e Jorge Pallarés de Pizza Móvil.

alcaldeNa tempada 2013/14, participaron na campaña 12 equipos de elite e 22 de base: Academia Octavio, Celta Selmark, AMFIV, Travesas HC, Xuvenil Teis, Club Vigo, Halcones de Vigo, Bembrive FS, El Olivo, Magope Seis do Nadal-Coia, Las Cinco Jotas UB Lavadores e  Blusens Vigo Rugby, foron as entidades deportivas de Elite. Alerta Navia, Areas de Alcabre, C.A.R.P.A., Patinaxe artística, C.N. Vigo Rías Baixas, Rachaplumas, Baloncesto Seis do Nadal-Coia, Castrelos Patinaxe Artística, Ciclista Vigués, Loita Santo Ignacio, Loita Cidade de Vigo,  A Paz 03, Flic Flac, Patín Vagalume, Vigo Squash, Vigo 2015, Maniotas, Vigo Fútbol Sala, C.N. Sincronizada Rías Baixas, Vigo Roller Derby, Cios Vigo e Moledo, as de Base.

Tamén, ao mesmo, invitáronse a un total de 57 clubs, xa que ademais dos adscritos ao programa, ao longo do ano, numerosos clubs novos mostraron o seu interese de formar parte da familia siareira.

O acto pechouse cunha foto de familia de todos os asistentes.