Primeira vitoria do C.V. Xuvenil Teis na Copa Galicia de voleibol

plantilla_xuvenilDurante a celebración da segunda xornada da Copa Galicia, o C.V Xuvenil Teis conseguiu a súa primeira vitoria ante o equipo de Fisiomás Zalaeta por 2-1, modelo deste ano da competición desenvolvido en triangulares. A vitoria das xogadora de Arlindo Miranda, novo técnico do equipo vigués, chegou no terceiro partido da xornada que se iniciaba co partido do C.V. Xuveni Teis e o Emevé de Lugo.

As lucenses, que este ano participan en superliga, fixéronse co partido cun parcial de 1-2. No segundo partido enfrontáronse os dous equipos visitantes, sendo a vitoria para as lucenses de novo. Pero a gran sorpresa chegou no último partido, cando as xogadoras de Vigo gañaron por 2-0 ao equipo de Coruña. As xogadoras, malia a súa xuventude, demostraron un gran xogo ao longo do partido. Os cambios realizados polo técnico luso mantiñan a calidade no xogo das locais que se fixeron co primeiro set por un 22-25 e o segundo cun marcador máis claro, 18-25. Como as bases de competición obrigan a xogar os tres sets do encontro, o adestrador tras ratificar a vitoria, empezou a sacar as xogadoras máis novas do equipo. Chegando a ser a xogadora máis veterana en campo Carolina Sabido con 23 anos.

Todas as xogadoras demostraron a súa valía no campo e as súas ganas de conseguir la vitoria. Dende as colocadoras Xulia e ás veces Rosana, as centrais Lucía, Rebeca e Natalia e o resto de atacantes Ania, Nieves, Carolina, María, Eva e Mirella, así como a libre, Carmen.