Manel Fernández apoia a presentación do Vigo Rugby

Imprimir

presentacion_rugbyO Blusens Vigo Rugby realizou o pasado venres o acto oficial de presentación da tempada, no Edificio Miralles de As Lagoas-Marcosende, apoiado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, así como directiva, xogadores, patrocinadores e outras institucións.

O presidente Ramón González-Babé fixo mención á tempada que recén comeza, agradecendo aos patrocinadores polo renovado apoio de pasadas tempadas, entre os que se inclúen a tecnolóxica galega Blusens, o Hotel Balneario de Mondariz, o grupo Pérez-Rumbao a través de Zina Móvil, Estrela Galicia, Hospital Vithas Fátima, e facendo fincapé no apoio que dende hai varias tempadas brinda a multinacional loxística viguesa Kaleido Logistics, antes Vasco Galega. Tamén agradeceu especialmente aos dous patrocinadores que se incorporan, como Aceites Abril, e ca Veterinaria Beade, dirixido por un dos xogadores fundadores do Vigo Rugby, Álvaro Saa.

Unha vez rematada a presentación xogadores, corpo técnico, autoridades e patrocinadores realizaron sesións fotográficas e atenderon aos medios presentes.